Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, 27 de fevereiro de 2012

Carlos Marighella [e II]

Carlos Marighella comeza a se distanciar do PCB en 1962, debido a discrepancias coa postura do partido, que se agudizan logo do golpe militar de 1964 ao comprobar que o PCB achábase completamente arredado da resistencia contra a ditadura.
Poucas semanas logo do golpe militar, Marighella foi detido en Río de Xaneiro, se ben foi posto en liberdade debido á presión da opinión pública. En 1966 escribiu ‘A crise brasileira’, contribución teórica na que analizaba a sociedade brasileira e denunciaba as ilusións do PCB en canto ao seu afano por integrarse nos procedementos electorais pequeno burgueses. (baixo directrices de Moscova, caso tamén por exemplo do Partido Comunista de Bolivia, xusto cando o Che organizaba a guerrilla, ou en Europa co denominado ‘eurocomunismo’). Marighella, que reflectía a necesidade da loita armada popular como camiño para derrubar a ditadura e instalar un goberno popular revolucionario, rompeu definitivamente ao PCB ese mesmo ano.
A súa postura contraposta co PCB levouno á Habana en 1967, onde asistiu á Primeira Conferencia da Organización Latinoamericana de Solidariedade (OLAS), ao carón, entre outros, do Che Guevara, escollendo a loita armada como camiño da liberdade dos pobos de América Latina.
Con todo, Marighella non compartiu a teoría do ‘foco’ guerrilleiro, entendendo que a loita armada en Brasil debería ter fórmulas propias. En 1968 xorde a Acción Libertadora Nacional (ANL), que inicia as primeiras operacións de guerrilla urbana en Brasil. Un ano despois, Carlos Marighella é abatido pola policía brasileira, sorprendido nunha emboscada en São Paulo.
Un dos seus traballos de referencia foi un manual de guerrilla urbana, moi popular, utilizado polas xuventudes revolucionarias da época.
En 2009 foi nomeado ‘cidadán paulista’ pola cámara de São Paulo.


















Imaxe: www.torturanuncamais-rj.org.br

sexta-feira, 24 de fevereiro de 2012

Carlos Marighella [I]


Carlos Marighella. (Salvador de Baía, 1911-Río de Xaneiro, 1969). Fundador de Ação Libertadora Nacional (ALN), dedicou a súa vida á causa da loita de clases, iniciándose no Partido Comunista Brasileiro (PCB). Perseguido pola ditadura militar, aos cincuenta e sete anos foi asasinado.
De pai italiano, cursou estudos de Enxeñería na Escola Politécnica de Baía, que interrompeu no terceiro ano, por mor da súa militancia no PCB.
Marighella, que foi encarcerado por vez primeira en 1932, cultivou a poesía. En 1935 era membro do comité central do Partido e responsable de prensa e propaganda. En 1936 foi encadeado novamente e enfrontouse, preto dun mes, ás torturas da policía política. Logo da súa liberación mudouse a São Paulo, onde seguiu pulando no seo do Partido Comunista.
Encarcerado novamente en 1939, sometido ao illamento na illa de Fernando de Noronha, traballou arreo na educación cultural e política dos seus compañeiros de prisión. En 1945, logo dunha amnistía, é posto en liberdade.
Debido á súa capacidade de organización e liderado, ademais do seu prestixio público, é elixido deputado á Asemblea Nacional Constituínte (1946) en representación do Estado da Baía (en menos de dous anos leu preto de 200 relatorios, denunciando as condicións de vida da poboación, da crecente penetración especulativa do imperialismo en Brasil e en defensa das aspiracións dos traballadores).
En 1948, canso das inxustizas da denominada ‘legalidade democrática’ volve novamente á clandestinidade, que xa non abandonará ata a súa morte.
Pese a todo, Carlos Marighella participará activamente nas loitas políticas da década dos cincuenta (a defensa do monopolio estatal do petróleo, contra o envío de soldados brasileiros á Corea, contra a desnacionalización do ensino e de toda a economía). E en 1952 intégrase na comisión executiva do Comité Central. Ao ano seguinte trasládase a China, país no que permanecerá durante un ano estudando a súa experiencia revolucionaria. 

   











Marighella logo de ser abatido
Imaxe de: estadão.com.br

quarta-feira, 22 de fevereiro de 2012

'Inimigos'

O xefe policial refírese aos estudantes como inimigos. Aínda non hai moito, durante a ditadura militar, denominábanos 'subversivos'. Só hai que lembrar a historia para recoñecer que, en efecto, estamos como estabamos.















Barcelona, 1976. Fotografía de Manel Armengol












Valencia, 2012. Imaxe de Europa Press














Responsable policial (facha, como os antigos) acusando aos estudantes de inimigos



domingo, 19 de fevereiro de 2012

Ás barricadas!

Boas tardes. Hoxe comezamos unha xeira dende este lugar. Imos ver se é posible que esta ruína que nos queren meter no corpo aqueles que, dende que a vida é vida, insistiron en que os miserentos, agás o reino dos ceos, pasarían moitas penalidades. Insistiron co medo e co inferno e unha morea de maldades. Pero xa é hora de que mude a tortilla e os pobres coman pan e gocen das alegrías do mundo mundano, e os ricos coman merda, merda, merda.
Que saiban o que é estar á outra beira.
Porque non vale iso de que debemos pagar unha nova crise. Que a paguen eles, que son quen as inventaron. Que comecen a desfacerse de parte dos beneficios que logran grazas aos escravos do século XXI. E o mesmo  os políticos, eses teóricos administradores do público, que o único que fan é roubar á comunidade e logo din que a comunidade está arruinada.
Á merda con todos eles. Sen formalismos. Xa está ben.